imprimir

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2018

  O próximo 12 de marzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria celebrarase no salón de actos da Lonxa da Coruña a Asemblea Xeral Ordinaria de 2018.

imprimir

Normativa sobre bolsas de plástico en comercios

O Real Decreto sobre redución de consumo de bolsas de plástico para cumprir co fixado na lexislación europea non foi publicado aínda, por tanto, hai que esperar á súa publicación para que se produza a entrada en vigor e saber cal é a data na que se empezan a aplicar as medidas.

O obxectivo desta nova normativa é a redución do seu consumo en España. O Proxecto de Real Decreto establece as seguintes medidas:

  1. A partir do 1 de marzo de 2018:
    1. Prohíbese a entrega gratuíta aos consumidores de bolsas de plástico, fóra das bolsas de plástico moi lixeiras.
    2. Os comerciantes cobrarán unha cantidade, por cada bolsa de plástico que proporcionen ao consumidor.
    3. Os comerciantes informarán os consumidores dos prezos establecidos, expoñéndoos ao público nun lugar visible.
  2. A partir do 1 de xaneiro de 2020:
    1. Prohíbese a entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras, agás se son de plástico compostable.
    2. Prohíbese a entrega aos consumidores de bolsas de plástico fragmentables.
    3. As bolsas de plástico de espesor igual ou superior a 50 micras conterán unha porcentaxe mínima do 30 % de plástico reciclado.

Así mesmo, a Comisión Europea ha presentado unha estratexia para tentar frear a produción de residuos plásticos. A medidas clave desta estratexia contra os plásticos son:

  1. Para o ano 2030, todos os envases de plástico do mercado da Unión Europea terán que ser reciclables facéndoos menos contaminantes e racionalizando o deseño para enfocalo á reutilización cando sexa posible.
  2. Redución do consumo de plásticos dun só uso.
  3. Impulsar a innovación e o investimento na fabricación de novos materiais plásticos, máis fáciles de reciclar, e a eficiencia das técnicas de reciclaxe.
  4. Creación dunha comisión de seguimento para medir os avances nesta transición cara a unha economía do plástico circular.
imprimir

Participa no concurso post-Navidad de Comepescado

Participa no concurso post-Navidad de Comepescado Queremos empezar o 2018 con moi bo pé, por ese motivo na páxina oficial de Facebook de Comepescado podes participar no concurso.
Se es un " cocinitas", un gran fan do peixe ou coñeces a alguén que o sexa, non cho podes perder!
O premio será un curso de cociña especializado en produtos pesqueiros e un vale nunha peixaría tradicional por valor de 60 € para poñer en práctica todo o aprendido!

Poderase participar do día 2 ao 8 de Xaneiro ata as 12 AM por darlle a "gústame" na publicación relativa no facebook de Comepescado que atoparás na parte superior do muro.
Pulsa nesta ligazón para participar

imprimir

FEDEPESCA e a Unión de Consumidores de Galicia asinan un convenio de colaboración coa Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña

Noticia de La Alacena Roja publicada o 22 de decembro de 2017

A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña firma un convenio de colaboración con FEDEPESCA e a UCGAL- Ver noticia completa en el sitio web de La Alacena Roja A Unión de Consumidores de Galicia, a través do seu secretario xeral, Miguel López; A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña, a través do seu presidente, Amando López Gil; e Fedepesca, por medio da súa directora xerente, Mª Luisa Álvarez, asinaron un convenio de colaboración co fin de establecer liñas de traballo no ámbito do consumo e a alimentación dos produtos pesqueiros e acuícolas. Entre as accións previstas atópase o traballo conxunto en proxectos orientados ao mercado pesqueiro, o desenvolvemento de estratexias nutricionais encamiñadas á mellorar da alimentación dos cidadáns co peixe como protagonista, o impulso dunha alimentación saudable que mellore a calidade de vida, así como deseñar campañas orientadas a promover e difundir os beneficios nutricionais dos produtos pesqueiros entre os consumidores, realizar actividades para o fomento do asociacionismo e achegar o comercio especializado na venda de produtos pesqueiros aos consumidores.

A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña firma un convenio de colaboración con FEDEPESCA e a UCGAL A directora xerente de Fedepesca destacou, na firma do acordo, a importancia que para os detallistas especializados na venda de produtos pesqueiros ten colaborar moi activamente cos representantes dos consumidores para mellorar a información que teñen sobre o peixe e aclarar todas as cuestións respecto dos produtos que venden os peixeiros profesionais, así como poder contar con esta organización para “coñecer mellor as demandas do consumidor galego e poder atender todas as súas necesidades”. Pola súa banda, Amando López, presidente da Asociación de Minoristas de Puerto de A Coruña, resaltou a importancia do asociacionismo e, por tanto, a firma deste convenio como medio para fomentar o mesmo en Galicia, así como o labor do “comercio especializado na venda de produtos pesqueiros galego que está a realizar nestes momentos importantes campañas de promoción”.

Ver noticia no sitio web de La Alacena Roja

Ver noticia no sitio web de La Opinión de A Coruña

Ver noticia no sitio web de Industrias Pesqueras