imprimir

Deliciosa lura da ría


Luras A lura da nosa costa é excelente e exquisita

"Leva lura fresca da máxima calidade"

Todos sabemos que a lura da nosa costa é excelente e exquisita, os padais máis esixentes réndense ante o sabor e delicadeza que ten este cefalópodo, gústalle a todo o mundo, nenos e maiores, ven a ver ao teu peixeiro de confianza e lévacho a casa, está fresquísimo, xa coñeces as súas propiedades, son excepcionalmente baixas en calorías e graxas, aínda que habemos de ter en conta que se as comemos rebozadas e fritas, perden estas calidades. Son ademais unha gran fonte de proteínas, necesarias para manter os músculos sans. Por todo o anterior, podemos aseverar que a lura é un alimento apropiado para as dietas, xa que as proteínas axúdannos a manternos saciados por máis tempo.

imprimir

Asemblea Xeral Ordinaria e Extraorinaria 2020

  O pasado lunes 28 de setembro ás 17:30 horas en segunda convocatoria celebrouse no salón de actos da Lonxa da Coruña a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de 2020.

imprimir

Aproveita a tempada do bonito do norte


Bonito do norte Está a terminar a costeira de bonito máis curta da historia

"Compra bonito do norte fresco e de calidade"

Está a rematar a costeira de bonito máis curta da historia, pasa pola túa peixaría de sempre e lévache bonito do norte, está fresquísimo, xa coñeces as súas propiedades, o bonito, como o resto de peixes azuis, é rico en ácidos graxos omega-3 e acedo fólico, axuda a previr enfermidades cardiovasculares e reduce o colesterol e os triglicéridos, contén 153 calorías por cada 100 gramos (supón o 4% aproximadamente da cantidade de calorías recomendadas) o cal lle converte nun aliado perfecto dunha dieta equilibrada.

imprimir

Revista Comepescado Nº 87

ADEPESCA edita en formato dixital a revista Comepescado

  Poderedes atopar interesantes contidos de total actualidade para o sector pesqueiro en xeral e o sector minorista de peixe en particular, e un agradecemento moi sincero ao sector polo seu exemplar comportamento durante esta desgraciada pandemia.

imprimir

Ven á túa peixaría habitual e compra sardiña fresca


Sardiña fresca Xa empezou a tempada da sardiña

"Ven a por sardiña, xa comezan a estar no seu punto"

Estamos a empezar a tempada de sardiña e xa comezan a estar no seu punto, pasa pola túa peixaría de sempre e leva algunhas, están fresquísimas, xa coñeces as súas propiedades, as sardiñas, como o resto de peixes azuis, son ricas en ácidos graxos omega-3, elementos esenciais para o bo funcionamento do organismo pero que “o corpo non pode producir por si só, de tal maneira que os debe obter dos alimentos”.