imprimir

Campaña Compra na túa peixaría ou mercado de barrio. Con toda confianza!

Compra ao teu peixeiro de confianza

  Existen moitas razóns para consumir e comprar nas peixarías de barrio, nos mercados e aos que venden peixe a domicilio.

  Estamos convencidos que se pensas nelas te decatarás das vantaxes (de presente e futuro) que trae consigo esa pequena decisión que tomas a diario.

  É por iso polo que queremos que a cidadanía sexa consciente, responsable e solidaria cos negocios que, día a día, dende toda a vida, viñeron prestándoche un servizo de calidade ao lado da túa casa.

Confía en nós... Con toda Confianza!

imprimir

Campaña Ven ao teu mercado tamén en Nadal

  A Confederación Española de Comercio, tras os bos resultados obtidos en anos anteriores, colabora un ano máis na promoción da campaña “Ven ao teu mercado tamén en Nadal”, posta en marcha polo Ministerio de Economía e Competitividade, a través da Secretaría de Estado de Comercio, en colaboración con Mercasa, dentro do marco de actuacións do Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista 2014.

imprimir

Xornada sobre Política Pesqueira Común e Sostibilidade, Información ao Consumidor e Artes de Pesca

  A Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña organiza con FEDEPESCA unha xornada técnica sobre información alimentaria, artes de pesca e políticas de sostibilidade o día 27 de outubro de 10:00 a 13:00 horas no Salón de actos da Lonja de A Coruña, Muelle de Linares Rivas, s/n - 15006 A Coruña e invítavos encarecidamente a participar xa que se tratarán de aclarar dúbidas ante as novidades que entran en vigor proximamente.