imprimir

Guía dinámica de axudas e incentivos para empresas

  A Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa presenta a Guía Dinámica de Axudas e Incentivos Nacionais para empresas do Sector Comercio, que consideramos que pode ser do voso interese.

  Esta Guía recolle todas as axudas e incentivos con prazo de solicitude aberto destinadas ás empresas do sector Comercio, outorgados e convocados pola Administración Xeral do Estado, Administracións Autonómicas, Administracións Locais, e outros organismos públicos.

imprimir

Informe Nielsen 360 ano 2014

  Conclusións da nova edición do Informe Nielsen 360, que estuda as preferencias de compra das familias españolas e a evolución deste mercado no último ano, publicado pola consultora do mesmo nome, especializada en análise e información sobre hábitos do consumidor.

  A principal conclusión á que chega este novo Informe e que avalan os novos hábitos de 3 de cada 4 consumidores é que os españois cambiaron a súa forma de facer a compra a consecuencia da crise, fidelidade ás marcas e establecementos, frecuencia coa que acode a comprar, o presuposto destinado, cantidade de produtos adquiridos.

imprimir

Asemblea ordinaria 2015

O pasado luns 23 de marzo de 2015 celebrouse no salón de actos de La Lonja a Asemblea ordinaria da Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña.