imprimir

Propostas FEDEPESCA para as próximas eleccións xerais

  Desde FEDEPESCA remítennos un documento que elaboraron cunha serie de propostas a mellorar para o noso sector, tal e como se acordou na pasada Xunta Directiva, para enviar aos partidos políticos para as próximas eleccións xerais.

  Rogámosvos remitádesnos as vosas consideracións respecto diso antes do próximo venres 23 de Outubro, como podeís ver non se incluíron consideracións sobre os horarios comerciais, rogámosvos que nos indiquedes argumentos razoables para este tema.

imprimir

Modificación dos limítes do Réxime de Estimación Obxectiva do IRPF (Módulos)

  O Ministerio de Facenda decidiu pospoñer ao 2018, a entrada en vigor dos topes de 125.000 e 75.000 euros inicialmente previstos na lei 26/2014 de reforma do IRPF.

  Auméntanse os límites de exclusión a 250.000 euros para as vendas e as compras e 125.000 euros se se trata de vendas a empresarios ou profesionais.

  Os límites de exclusión que se establecen na reforma da Lei de Renda, para os exercicios 2016 e 2017, quedan da seguinte forma:

  • TOTAL FACTURACIÓN: 250.000 €
  • TOTAL COMPRAS: 250.000 €
  • VENDAS A EMPRESARIOS OU PROFESIONAIS: 125.000 €

  Estes límites veñen modificar os 150.000 € inicialmente contemplados na reforma para as vendas, 150.000 € das compras e 75.000 € de vendas a empresarios e profesionais.

  Trátase duns límites transitorios, só para 2016 e 2017, pasándose en 2018 de novo aos previstos con anterioridade, pero en calquera caso é un éxito que, entre todos, conseguísemos que os máis modestos poidan continuar no réxime de módulos.

  Aínda que se trata dunha emenda, que aínda non é Lei, confiamos en que a súa aprobación practicamente é un feito.

imprimir

Liñas ICO 2015 para Empresas e Autónomos

  Informámoslles que xa poden acceder ás novas liñas de financiamento ofrecidas polo ICO para o ano 2015.

  O Instituto de Crédito Oficial pon a disposición de empresas e autónomos financiamento en condicións preferentes a través das Liñas ICO 2015.

  As Liñas ICO 2015 articúlanse en dúas grandes áreas de actuación: Empresas e Emprendedores e Internacional, co obxectivo de financiar os proxectos de investimento e as necesidades de liquidez das empresas e autónomos, tanto en España coma no exterior.

imprimir

Boletín Confederación Española de Comercio

  Informámosvos de que xa está dispoñible o novo boletín informativo da Confederación Española de Comercio. Neste boletín podedes encontrar información sobre o Madrid Retail Congress, que se celebrará este mes de Abril (días 14 e 15 de Abril).

  Ademais neste boletín podedes encontrar un artigo sobre a nova Lei de Segunda Oportunidade, así como información en datos macroeconómicos do sector.