imprimir

FEDEPESCA e a Unión de Consumidores de Galicia asinan un convenio de colaboración coa Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña

Noticia de La Alacena Roja publicada o 22 de decembro de 2017

A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña firma un convenio de colaboración con FEDEPESCA e a UCGAL- Ver noticia completa en el sitio web de La Alacena Roja A Unión de Consumidores de Galicia, a través do seu secretario xeral, Miguel López; A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña, a través do seu presidente, Amando López Gil; e Fedepesca, por medio da súa directora xerente, Mª Luisa Álvarez, asinaron un convenio de colaboración co fin de establecer liñas de traballo no ámbito do consumo e a alimentación dos produtos pesqueiros e acuícolas. Entre as accións previstas atópase o traballo conxunto en proxectos orientados ao mercado pesqueiro, o desenvolvemento de estratexias nutricionais encamiñadas á mellorar da alimentación dos cidadáns co peixe como protagonista, o impulso dunha alimentación saudable que mellore a calidade de vida, así como deseñar campañas orientadas a promover e difundir os beneficios nutricionais dos produtos pesqueiros entre os consumidores, realizar actividades para o fomento do asociacionismo e achegar o comercio especializado na venda de produtos pesqueiros aos consumidores.

A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña firma un convenio de colaboración con FEDEPESCA e a UCGAL A directora xerente de Fedepesca destacou, na firma do acordo, a importancia que para os detallistas especializados na venda de produtos pesqueiros ten colaborar moi activamente cos representantes dos consumidores para mellorar a información que teñen sobre o peixe e aclarar todas as cuestións respecto dos produtos que venden os peixeiros profesionais, así como poder contar con esta organización para “coñecer mellor as demandas do consumidor galego e poder atender todas as súas necesidades”. Pola súa banda, Amando López, presidente da Asociación de Minoristas de Puerto de A Coruña, resaltou a importancia do asociacionismo e, por tanto, a firma deste convenio como medio para fomentar o mesmo en Galicia, así como o labor do “comercio especializado na venda de produtos pesqueiros galego que está a realizar nestes momentos importantes campañas de promoción”.

Ver noticia no sitio web de La Alacena Roja

Ver noticia no sitio web de La Opinión de A Coruña

Ver noticia no sitio web de Industrias Pesqueras

imprimir

A Asociación de Minoristas promociona en As Conchiñas o seu peixe e marisco

Noticia de La Voz de Galicia publicada o 14 de decembro de 2017

A Asociación de Minoristas promociona en As Conchiñas o seu peixe e marisco - Fotografía de Eduardo Pérez La Asociación de Minoristas do porto coruñés comezou onte a súa campaña informativa e de promoción do peixe e marisco de proximidade. O acto tivo lugar na rúa Barcelona, á altura do mercado de As Conchiñas. A campaña Vaia peixe! continúa hoxe no Obelisco. A semana que vén haberá unha segunda rolda de actos nos mesmos escenarios e os mesmos días, mércores e xoves.

« Na Coruña temos un dous mellores peixes e mariscos de todo ou mundo e desenvolvemos esta campaña para achegar ao públicos as súas características, beneficios e a importancia de consumir peixe de tempada dunha maneira responsable co medio e tamén co noso peto», sinalou Amando López Gil, presidente da asociación. As principais características que resalta a campaña deste produto local son a súa calidade, o seu prezo, a súa sustentabilidade e que se trata dun alimento san.

Ver artículo completo de La Voz de Galicia

imprimir

A Asociación de Minoristas do porto da Coruña inicia unha campaña de promoción do peixe e marisco das augas galegas

Noticia da CRTVG publicada o 13 de decembro de 2017

A Asociación de Minoristas do porto da Coruña inicia unha campaña de promoción do peixe e marisco das augas galegas - Ver noticia completa e video Coincidindo coas datas do Nadal, a Asociación de Minoristas do Porto da Coruña está a realizar unha campaña pola cidade para promocionar o consumo de peixe e marisco de proximidade. Os representantes desta asociación repartiron entre os cidadáns libros de receitas, en que ademáis os informan sobre a calidade do produto e a importancia de consumir peixe das augas galegas.
Ver noticia completa e video no sitio web da CRTVG

imprimir

Vaia peixe! campaña para consumir peixe e marisco de tempada

Noticia da Cadena SER publicada o 13 de decembro de 2017

La Asociación de Minoristas del puerto de A Coruña inicia hoxe unha campaña informativa de promoción de peixe e marisco de tempada, os mellores do mundo, como defende a entidade. Os alicerces da promoción, baixo o lema " Vaia peixe", baséanse en que: son produtos sans, asumibles para todos os petos, teñen calidade e respectan a sustentabilidade. A presentación da campaña terá lugar ás seis da tarde na Rúa Barcelona.
Ver noticia completa no sitio web da Cadena SER

Entrevista de Mayte González ao presidente da Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña, Amando López Gil no programa Hoy por hoy de Radio Coruña - Cadena SER o mércores 13 de decembro de 2017.