imprimir

Asemblea Xeral Ordinaria 2019

  O pasado lunes 25 de marzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria celebrarase no salón de actos da Lonxa da Coruña a Asemblea Xeral Ordinaria de 2019.

imprimir

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2019

  O próximo lunes 25 de marzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria celebrarase no salón de actos da Lonxa da Coruña a Asemblea Xeral Ordinaria de 2019.

imprimir

Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico

O pasado sábado 19 de Maio, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto sobre redución de bolsas de plástico cuxo principal obxectivo é adoptar medidas co fin de reducir o consumo das devanditas bolsas.

Así, as medidas adoptadas para reducir o consumo de bolsas de plástico son:

  1. A partir do 1 de Xullo de 2018:
    • Prohíbese a entrega gratuíta de bolsas de plástico, fóra das bolsas de plástico moi lixeiras (espesor inferior a 15 micras que sexan necesarias por razóns de hixiene, ou que se fornecen como envase primario para alimentos a granel, como froita, legume, carne, peixe, entre outros) e as bolsas de plástico con espesor igual ou superior a 50 micras sempre que conteñan un 70% de plástico reciclado (Os comerciantes deben dispoñer da documentación proporcionada polo fabricante que acredite devandita porcentaxe.
  2. A partir do 1 de Xaneiro de 2020:
    • Prohíbese a entrega de bolsas de plástico fragmentables (bolsas de plástico fabricadas con materiais plásticos que inclúen aditivos que catalizan a fragmentación do material plástico en microfragmentos). As bolsas de plástico de espesor igual ou superior a 50 micras teñen que conter unha porcentaxe mínima do 50% de plástico reciclado.
  3. A partir do 1 de Xaneiro de 2021:
    • Prohíbese a entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras ao consumidor nos puntos de venda de bens ou produtos, agás se son de plástico compostable.

O Real Decreto establece uns prezos orientativos en función do seu espesor para o cobro:

  1. Bolsas de espesor inferior a 15 micras que non sexan necesarias por razóns de hixiene, ou que non se fornecen como envase primario para alimentos a granel, como froita, legume, carne, peixe, entre outros: 5 céntimos de euro/bolsa.
  2. Bolsas de espesor comprendido entre as 15 e as 49 micras: 15 céntimos de euro/ bolsa.
  3. Bolsas de espesor igual ou superior as 50 micras: 15 céntimos de euro/ bolsa.
  4. Bolsas de espesor igual ou superior a 50 micras con contido igual ou superior a 50% de plástico reciclado pero inferior ao 70%: 10 céntimos de euro/ bolsa.
imprimir

Distribución de folletos informativos sobre o Anisakis

Ante a inminente publicación dos resultados do Proxecto Parasite que se centrou nos parasitos dos peixes, pero en especial o Anisakis spp, comunicámosvos de que a finais deste mes de maio imos distribuír folletos informativos entre os asociados co fin de contar con información fiable de fronte ao consumidor.

Estes folletos foron elaborados pola Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición ( AECOSAN), que é a máxima autoridade en materia de Seguridade Alimentaria en España.

Dado que poden publicarse noticias de conotación negativa e alarmante achegámosvos tamén un argumentario que escribiu FEDEPESCA para ter unha postura coherente que sexa capaz de tranquilizar ao consumidor.

Argumentario sobre o Anisakis (en Castelán)

Así mesmo, informámosvos que o pasado 10 de Maio celebrouse unha reunión con congregou a todo o sector sobre o Anisakis na Secretaría Xeral de Pesca, e durante a cal José Antonio González Villaverde foi un dos relatores convidados en representación do sector de comerciantes polo miúdo tradicionais.

imprimir

Cuestionario sobre sustentabilidade na cadea pesqueira e acuícola!

Desde o Proxecto Know to Protect, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través do programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e liderado por FEDEPESCA, queremos coñecer a túa opinión sobre a sustentabilidade no sector pesqueiro e acuícola, por iso animámosche a que enchas o seguinte cuestionario!

Grazas pola túa participación!

Participa na enquisa