Predicción de oleaxe

Predicción oleaxe

Consulte a predicción de oleaxe para o Porto de A Coruña...

consultar

Vedas do marisco

Vedas do marisco

Infórmese sobre as vedas do marisco en Galicia para o ano 2020...

Infórmese

Compra con [C]

Campaña COMPRA CON [C]

Existen moitas razóns para consumir e comprar nas pescaderías de barrio...

Ler máis

Benvidos a Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña

A Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña é unha asociación sen ánimo de lucro que dende o ano 2000 loita sen descanso por defender os intereses do sector e mellorar as condicións laborais dos seus asociados. O noso área de influencia é local, aínda que a nosa pretensión é chegar a toda a rexión galega.

ler máis
 

Entrega de máscaras e xel aos nosos asociados


Máscaras hixiénicas reutilizables e xel hidroalcohólico Máscaras hixiénicas reutilizables e xel hidroalcohólico

"Repartimos gratuitamente 10 máscaras e 2 litros de xel"

A Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña repartirá desde o martes 27 ata o xoves 29 de outubro de 2020 entre os seus asociados 10 máscaras reutilizables para 75 ciclos de lavado fabricadas conforme á norma UNE-0065-2020 que ofrecen protección barreira ante a pandemia do COVID 19 e protección bacteriana e de respirabilidade que permiten estar protexidos e continuar coa vida ordinaria, para a súa tranquilidade e a dos seus clientes. Entregaranse tamén 4 envases de ½ litro de xel hidroalcohólico con dosificador.

Compra peixe e marisco de tempada


Los beneficios del consumo de pescado Hai variedades exquisitas cada tempada

"Ven á túa peixaría de confianza, déixache aconsellar"

Todos sabemos os beneficios que nos achega unha dieta equilibrada, nela é moi importante o consumo de peixe un mínimo de tres ou catro veces por semana, ven á túa peixaría de barrio, con toda confianza, nela aconsellaranche sobre as distintas variedades de peixe e marisco propias da tempada, por exemplo, agora tes ollomol, bonito do norte, dourada, polbo, rodaballo, salmón, salmonete, choco, lura, ameixa, mexillón, navalla, etc.

Deliciosa lura da ría


Luras A lura da nosa costa é excelente e exquisita

"Leva lura fresca da máxima calidade"

Todos sabemos que a lura da nosa costa é excelente e exquisita, os padais máis esixentes réndense ante o sabor e delicadeza que ten este cefalópodo, gústalle a todo o mundo, nenos e maiores, ven a ver ao teu peixeiro de confianza e lévacho a casa, está fresquísimo, xa coñeces as súas propiedades, son excepcionalmente baixas en calorías e graxas, aínda que habemos de ter en conta que se as comemos rebozadas e fritas, perden estas calidades. Son ademais unha gran fonte de proteínas, necesarias para manter os músculos sans. Por todo o anterior, podemos aseverar que a lura é un alimento apropiado para as dietas, xa que as proteínas axúdannos a manternos saciados por máis tempo.

Aproveita a tempada do bonito do norte


Bonito do norte Está a terminar a costeira de bonito máis curta da historia

"Compra bonito do norte fresco e de calidade"

Está a rematar a costeira de bonito máis curta da historia, pasa pola túa peixaría de sempre e lévache bonito do norte, está fresquísimo, xa coñeces as súas propiedades, o bonito, como o resto de peixes azuis, é rico en ácidos graxos omega-3 e acedo fólico, axuda a previr enfermidades cardiovasculares e reduce o colesterol e os triglicéridos, contén 153 calorías por cada 100 gramos (supón o 4% aproximadamente da cantidade de calorías recomendadas) o cal lle converte nun aliado perfecto dunha dieta equilibrada.

Ven á túa peixaría habitual e compra sardiña fresca


Sardiña fresca Xa empezou a tempada da sardiña

"Ven a por sardiña, xa comezan a estar no seu punto"

Estamos a empezar a tempada de sardiña e xa comezan a estar no seu punto, pasa pola túa peixaría de sempre e leva algunhas, están fresquísimas, xa coñeces as súas propiedades, as sardiñas, como o resto de peixes azuis, son ricas en ácidos graxos omega-3, elementos esenciais para o bo funcionamento do organismo pero que “o corpo non pode producir por si só, de tal maneira que os debe obter dos alimentos”.

Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá

María Mercedes Lebedinsky Secretaria da Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña

"Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá con frío e choiva. Pasabamos a vida no peirao, porque como ninguén quería marchar sen peixe, cada vez madrugabamos máis"


María Mercedes Lebedinsky Secretaria da Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña A “Queda co noso mar” chega esta semana María Mercedes Lebedynski, praceira no Mercado de Conchiñas e secretaria da Asociación de Minoristas da Coruña, cóntanos como viviu a situación do crise provocada polo COVID-19 este colectivo, que fai xa uns anos que fixo piña para facerse ver e oír.

1. Cal é a labor da Asociación de Minoristas de A Coruña?

A Asociación de Minoristas da Coruña nace fai 10 anos, aproximadamente (ou incluso máis), pola necesidade dos minoristas de ter voz e representación. Realmente, non estabamos representados na lonxa nin no porto da Coruña por ningún lado, entón decidimos facer un pouco de unión para que nos tiveran algo en conta. Apoiámonos entre nós e botámonos unha man os uns aos outros ante calquera dúbida ou problema que poida surxir.

Estamos orgullosos de achegar para que o sistema seguise funcionando

Amando López Presidente da Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña

" O consumidor final quería que lle levases o produto a casa, un servizo que noutra ocasión non se daba e co que mantivemos a nosa clientela"

¿Sufriron os minoristas con dureza as consecuencias da crise sanitaria?
Amando López, presidente da Asociación de Minoristas, na sede da entidade - Fotografía de Victor Echave Aquí non se está librando ninguén. O primeiro mes e medio traballamos nunhas condicións moi duras, xa que viñamos ao peirao entre as dúas e as tres da mañá para coller un número e facer cola á intemperie. Non quixemos facer moito ruído pero realmente pasámolo moi mal porque houbo días nos que fixo moito frío e choveu mentres faciamos cola para entrar en quendas de vinte, o que facía que nos pasásemos a semana sen descansar. Ao cabo de máis dun mes establecemos uns protocolos de actuación despois de moitas reunións e de mandar información a Madrid sobre como eramos tratados, xa que con ese sistema a cuestión era quen madrugaba máis porque se chegabas tarde te quedabas sen peixe porque se primaba a venda electrónica. Cando conseguimos recuperar a poxa, que se suspendeu, volvemos un pouco á normalidade, aínda que traballando cos nosos equipos de protección. Aínda que agora estamos en fase 2 da desescalada, aínda estamos a acceder só unha persoa por empresa á lonxa, cando entendemos que é a hora de que non se restrinxa tanto o acceso, tanto a almacenistas como a comerciantes polo miúdo, porque é moi atafegante para quen necesita o apoio doutra persoa, xa que non pode estar en dous sitios á vez. Cando se cambia de fase as cousas teñen que irse normalizando, e con todo non o vemos.

    • ADEPESCA edita en formato dixital a Revista Comepescado Nº 87...

      Ler máis
    • Campaña de promoción Hoxe comemos peixe...

      Ler máis
    • Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2019...

      Ler máis
    • Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico...

      Ler máis
    • Folletos informativos sobre o Anisakis...

      Ler máis
    • Vaia peixe! campaña para consumir peixe e marisco de tempada...

      Ler máis
    • Campaña de Promoción do Consumo do Peixe e Marisco de Proximidade

      Ler máis
    • Campaña publicitaria en radio...

      Ler máis
    • As pescaderías tradicionais apostan polos hábitos de vida saudable

      Ler máis
    • FEDEPESCA e a UCGAL asinan un convenio de colaboración coa Asociación de Minoristas...

      Ler máis
    • A Asociación de Minoristas do porto da Coruña inicia unha campaña de promoción do peixe e marisco das augas galegas...

      Ler máis
    • Proxecto Categorización da Pescada

      Ler máis
    • Campaña Compra na túa peixaría ou mercado de barrio. Con toda confianza!

      ler máis
    • Campaña COMPRA CON [C]

      Ler máis
    • Convenios con empresas de servizos

      Ler máis

Cotizacións do peixe en Galicia

Cotizacións do peixe en Galicia

Consulte as cotizacións do peixe nas lonxas de Galicia...

consultar cotizacións

Campaña Vaia peixe!

30 especies pesqueiras

30 principais especies pesqueiras

Portal gastonómico

Portal gastronómico Ben bo