Celebrada a Xornada sobre Política Pesqueira Común e Sostibilidade, Información ao Consumidor e Artes de Pesca
Na mañá do 27 de outubro de 2014, no edificio da Lonxa da Coruña, FEDEPESCA, a Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Minoristas de Peixes, que agrupa a 7.200 peixarías especializadas en España e á que pertence a Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña, presentou o proxecto PESCAVERDE.
A xornada, contou na mesa inaugural con D. Amando López Gil, Presidente da Asociacion de Minoristas del Puerto de A Coruña, quen agradeceu a asistencia e que A Coruña fose elixida como cidade para a celebración destas Xornadas. Pola súa banda, o Subdirector de Pesca e Mercados da Xunta de Galicia, D. Antonio Rodriguez Fernández informou das iniciativas da Xunta. O Presidente da Lonja de A Coruña, D. Severino Ares Lago, quixo arroupar os detallistas do Porto coa súa presenza e a Directora Adxunta de FEDEPESCA Dña. Mª Luisa Álvarez Blanco detallou do obxecto do proxecto PESCAVERDE. Finalmente, a Subdirectora de Economía Pesqueira do MAGRAMA, Dña. Aurora de Blas Carbonero destacou a importancia de proxectos como este para poder asumir as novas obrigas relacionadas coa información ao consumidor final.
Posteriormente diversos relatores, que colaboraron no desenvolvemento do proxecto, informaron dos distintas temas que aborda PESCAVERDE. Dña. Marta García Merchán, da Subdirección Xeral de Caladoiro Nacional Augas Comunitarias e Acuicultura (MAGRAMA) explicou que o sector pesqueiro e acuícola é un dos máis regulamentados de Europa e España, informando das numerosas esixencias da administración pública e de as iniciativas do sector que achegan tranquilidade aos cidadáns sobre a sostibilidade dos produtos pesqueiros.
Pola súa banda Dña. Rocío Bejar Ochoa, a Secretaría Xeral Adxunta de CEPESCA (Confederación Española da Pesca), informou das diversas artes de pesca, xa que a partir do 13 de Decembro será obrigatorio informar destas o consumidor final e compartiu con todos os asistentes un vídeo sobre artes de pesca e sostibilidade. Aclarouse nesta presentación que ningunha arte de pesca é mala en si mesma, senón que é o uso que se lle de, o que pode ser malo, aclarando a relatora, que as medidas de control existentes impiden absolutamente o mal uso dos artes de pesca.
Dña. Aurora de Blas Carbonero, Subdirectora Xeral de Economía Pesqueira (MAGRAMA) foi a encargada de explicar as novidades na información ao consumidor final que entran en vigor o 13 de Decembro. Estas novidades son dous, por un lado será obrigatorio informar sobre as artes de pesca e, por outro, e esta novidade é para todos os alimentos, dos alérgenos.
A continuación Dña. Gemma Trigueros Segura, da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU)comentó cuales son as principais demandas de información dos consumidores cando acoden á peixaría, que queren saber e que temas lles producen máis inquietude.
Por último, D. Miguel Langa Moral, Tecnólogo de Alimentos de FEDEPESCA - PESCAVERDE explicou como funciona a páxina web do proxecto www.fedepesca.org e que materiais podemos descargarnos nesta.
Aclarou que no caso dos produtos pesqueiros frescos o único aditivo ao que poden ser sensibles algunhas persoas son os sulfitos que se engaden en ocasións aos crustáceos para mellorar a súa conservación. Os sulfitos están presentes en moitos alimentos e non son perigosos, estando a súa dose máxima regulada, pero algunhas persoas sensibles poden ser alérxicas a estes.
A Xornada foi clausurada pola Subdirectora Xeral de Pesca, Dña. Aurora de Blas Carbonero, o Presidente dos Minoristas do Porto de A Coruña, D. Amando López Gil, e aa Directora Adj¡xunta de FEDEPESCA e coordinadora do Proxecto, Dña. Mª Luisa Álvarez Blanco.
Galería fotográfica da Xornada
Este proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Pesca 2007-2013 e a Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, persegue dous obxectivos fundamentais:
- Dar a coñecer a Política Pesqueira Común da Unión Europea, que demostra o compromiso das administracións púbicas e do sector pesqueiro pola sostibilidade de forma que os consumidores e os profesionais minoristas, coñezan os esforzos da administración pública e do sector para garantir uns produtos pesqueiros e acuícolas sostibles dende o ámbito ambiental, económico e social.
- Outro obxectivo fundamental é informar correctamente tanto profesionais do sector coma consumidores sobre a información alimentaria a transmitir ao consumidor final dos produtos pesqueiros e acuícolas, nun momento en que han de asumirse importantes novidades pois a partir do 13 de decembro de 2014, deberá de informase das artes de pesca na pesca extractiva e, para todos os alimentos, dos alérgenos.
O desenvolvemento do proxecto PESCAVERDE arrancou o pasado mes de maio. Da man de FEDEPESCA, grupos de expertos formados por representantes das administracións públicas competentes nas distintas materias, representantes do sector e representantes dos consumidores, traballaron para a elaboración dos materiais do proxecto.
Pescaverde ten a súa propia páxina web www.pescaverde.org para poñer a disposición dos profesionais do comercio especializado da pesca e dos consumidores folletos, guías, vídeos e noticias sobre estes aspectos. Tamén dispoñemos de redes sociais para axilizar as comunicacións e facilitar a participación de todos os usuarios.
Na páxina web encontraremos os seguintes materiais:
- Guía sobre Política Pesqueira Común e Sostibilidade, nunha linguaxe sinxela explícase porqué os produtos pesqueiros e acuícolas que se vende en España son sostibles.
- Guía sobre Artes de Pesca, pois o 13 de Decembro será obrigatorio informar os consumidores finais, sobre cal é a arte de pesca para os produtos da pesca extractiva.
- Guía sobre trazabilidade e información alimentaria facilitada o consumidor final , na que se recollen todas as novidades que entran en vigor en Decembro, tanto a de informar das artes de pesca, como da obriga de informar sobre alérgenos nos alimentos.
A guía sobre información alimentaria facilitada ao consumidor final estará dispoñible tanto en formato on-line, coma en papel para os pescader@s profesionais, debido á importancia de coñecer como debemos de informar correctamente os consumidores.
Os tres folletos informativos de cada unha das temáticas, ademais de online, serán distribuídos en papel a través das peixarías e entidades das Comunidades Autónomas de Andalucía, Galicia, Asturias e Murcia, Comunidades nas que se van desenvolver as actividades do proxecto.
Estes materiais foron elaborados por FEDEPESCA en colaboración coa Secretaria Xeral de Pesca a través da Subdirección Xeral de Economía Pesqueira e a Subdirección Xeral de Caladoiro Nacional, Augas Comunitarias e Acuicultura, a Confederación Española de Pesca (CEPESCA), a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) e a Asociación Empresarial de Produtores de Cultivos Mariños de España (APROMAR).
Actualmente estase a traballar en dous vídeos educativos, un acerca das artes de pesca e outro sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor final, co fin de informar a todo o colectivo acerca das novidades lexislativas dunha forma sinxela e accesible en calquera momento a través de internet, en calquera dispositivo
A xornada de A Coruña é a segunda das catro previstas no proxecto. A primeira tivo lugar o 13 de Outubro en Alcantarilla (Murcia) e as seguintes serán o 17 de novembro en Avilés e o 24 de novembro en Sevilla.
Noticias de prensa sobre a Xornada:
Noticias de radio sobre a Xornada:
Entrevista da Radio Galega a Dña Mª Luisa Álvarez - Directora Adxunta de FEDEPESCA e Coordinadora do Proxecto PESCAVERDE
Entrevista da Radio Exterior de España (RNE) a Dña Mª Luisa Álvarez - Directora Adxunta de FEDEPESCA e Coordinadora do Proxecto PESCAVERDE