Barómetro CIS Novembro 2013
Para o teu coñecemento infórmote que foi publicado o barómetro do CIS do mes de novembro. No devandito barómetro recolléronse preguntas interesantes en relación coa pertenza e participación a determinadas asociacións ou grupos (partidos políticos, sindicatos, colexios profesionais, asociacións empresariais, etc..).
Polo que respecta ás preguntas relacionadas coa participación ou pertenza a unha asociación de empresarios, o 95,8% dos enquisados manifesta que nunca pertenceu a unha asociación de empresarios, e só un 1,2% pertence e participa activamente.
En canto ao principal motivo de pertenza a unha asociación de empresarios, é porque de forma conxunta se poden lograr máis obxectivos que individualmente (27,6%), seguido da defensa dos seus intereses (21,4%).
Para aqueles que aínda despois de participar deixaron de pertencer a unha asociación de empresarios, o principal motivo de abandono foi porque xurdiron discrepancias con outros membros da organización (10,5%) ou porque non lle era de utilidade (10,5%).
Aquelas que nunca pertenceron a unha asociación de empresarios aluden como principais razóns ter cousas máis importantes que facer (29,5%) ou porque non existen organizacións que o motiven a participar (24,4%).
Estudo 3005 (en castelán) en formato pdf