imprimir

Programa definitivo “Cadea de Valor Pesqueira e Acuícola: Mirando ao futuro”

  Estamos moi preto xa do 9 de Outubro, unha das datas sinaladas para a Cadea Pesqueira xa que se celebra o Congreso "Cadea de Valor Pesqueira e Acuícola: Mirando ao futuro". Esta actividade foi impulsada por FEDEPESCA e cofinanciada polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), baixo o lema "Investimos na pesca sustentable".

  Os retos para o futuro serán os grandes protagonistas da Xornada, que se estruturou en 5 mesas redondas que abordarán os principais temas de interese para o sector, como son a promoción, os aspectos sociais, a innovación, a sustentabilidade e a comunicación.

  Contaremos coa presenza de relatoras con dilatada experiencia en cada un dos temas que se abordarán no congreso que nos ofrecerán a súa visión sobre as diferentes temáticas.

  Tras a Xornada celebrarase no mesmo lugar unha homenaxe ao Presidente saínte de FEDEPESCA e ADEPESCA, D. Gonzalo González que comezará ás 17 h e finalizará ás 18:15 h aproximadamente.