imprimir

Presentación resultados Proxecto Categorización da Pescada

Fedepesca, A Rula de Avilés e Azti presentan os resultados do Proxecto de Categorización Obxectiva da Frescura de Pescada en Primeira Venda

  • O proxecto que persegue unha maior obxectividade á hora da clasificación da pescada na primeira venda foi cofinanciado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

  Este 29 de Maio presentamos ás 12.00 horas na Rula de Avilés, Avda. Conde Guadalhorce s/n La Rula 33401 Avilés (ASTURIAS) o "Proxecto de Categorización Obxectiva de Pescada en Primeira Venda".

  O proxecto busca valorar os parámetros sensoriais de frescura da pescada de petisco e correlacionarlo cun sistema capaz de realizar unha clasificación obxectiva da pescada atendendo a criterios sensoriais baseada na técnica non destrutiva de espectroscopía de infravermello próximo.
O obxectivo final é poder implementar este modelo obtido nun equipo portable que poida ser manexado polo operario dunha forma práctica para clasificar de forma automática a frescura da pescada de petisco en primeira venda.
Os resultados do proxecto serán presentados o próximo día 29 de maio ás 12:00 h na Rula de Avilés (Asturias). Neste acto poderemos coñecer os resultados principais de man das tres partes implicadas e poder asistir a unha demostración in situ do modelo realizado.

  Gustaríanos contar coa súa presenza no devandito acto, para iso rogámoslle confirmación a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou preguntando por Miguel Langa no teléfono 913 197 047.

  Esperando que poidamos contar coa súa presenza.

  Lugar de actos:

  NUEVA RULA DE AVILÉS
  Avda. Conde Guadalhorce s/n La Rula
  33401- Avilés (Asturias)

  Horario: 12:00 horas.