Campaña Compra na túa peixaría ou mercado de barrio. Con toda confianza!
Compra ao teu peixeiro de confianza
Existen moitas razóns para consumir e comprar nas peixarías de barrio, nos mercados e aos que venden peixe a domicilio. Estamos convencidos que se pensas nelas te decatarás das vantaxes (de presente e futuro) que trae consigo esa pequena decisión que tomas a diario. É por iso polo que queremos que a cidadanía sexa consciente, responsable e solidaria cos negocios que, día a día, dende toda a vida, viñeron prestándoche un servizo de calidade ao lado da túa casa. |
Confía en nós... Con toda Confianza!
RAZÓNS PARA COMPRAR NA TÚA PEIXARÍA OU MERCADO DE SEMPRE
|
|