imprimir

Campaña Compra na túa peixaría ou mercado de barrio. Con toda confianza!

Compra ao teu peixeiro de confianza

  Existen moitas razóns para consumir e comprar nas peixarías de barrio, nos mercados e aos que venden peixe a domicilio.

  Estamos convencidos que se pensas nelas te decatarás das vantaxes (de presente e futuro) que trae consigo esa pequena decisión que tomas a diario.

  É por iso polo que queremos que a cidadanía sexa consciente, responsable e solidaria cos negocios que, día a día, dende toda a vida, viñeron prestándoche un servizo de calidade ao lado da túa casa.

Confía en nós... Con toda Confianza!

RAZÓNS PARA COMPRAR NA TÚA PEIXARÍA OU MERCADO DE SEMPRE

  • Porque NON somos máis caros.
  • Porque compramos o mellor peixe.
  • Porque compramos na Lonxa de A Coruña.
  • Por proximidade e por trato.
  • Porque xeramos riqueza para todos.
  • Porque somos como ti.
  • Por servizo.
  • Porque sabemos o que queres.
  • Porque creamos emprego.
  • Porque son os nosos veciños.
  • Porque pagan impostos.
  • Porque saben e coñecen cada cliente.
  • Porque son amables e atentos.
  • Porque comercializan o produto dos nosos pescadores.
  • Porque son os que mellor coñecen o produto.
  • Porque venden calidade.
  • Porque axudan a que a pesca sexa sostible.
  • Porque revitalizan barrios y mercados dos de sempre.
  • Porque non enganan.
  • Porque son profesionais en quen confiar.
  • Por tradición.
  • Porque saben escoitarte e asesorarte.
  • Porque melloran a economía local.
  • Porque lles importas.

CON TODA CONFIANZA!