imprimir

Informe Nielsen 360 ano 2014

  Conclusións da nova edición do Informe Nielsen 360, que estuda as preferencias de compra das familias españolas e a evolución deste mercado no último ano, publicado pola consultora do mesmo nome, especializada en análise e información sobre hábitos do consumidor.

  A principal conclusión á que chega este novo Informe e que avalan os novos hábitos de 3 de cada 4 consumidores é que os españois cambiaron a súa forma de facer a compra a consecuencia da crise, fidelidade ás marcas e establecementos, frecuencia coa que acode a comprar, o presuposto destinado, cantidade de produtos adquiridos.

imprimir

Asemblea ordinaria 2015

O pasado luns 23 de marzo de 2015 celebrouse no salón de actos de La Lonja a Asemblea ordinaria da Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña.

imprimir

Campaña Compra na túa peixaría ou mercado de barrio. Con toda confianza!

Compra ao teu peixeiro de confianza

  Existen moitas razóns para consumir e comprar nas peixarías de barrio, nos mercados e aos que venden peixe a domicilio.

  Estamos convencidos que se pensas nelas te decatarás das vantaxes (de presente e futuro) que trae consigo esa pequena decisión que tomas a diario.

  É por iso polo que queremos que a cidadanía sexa consciente, responsable e solidaria cos negocios que, día a día, dende toda a vida, viñeron prestándoche un servizo de calidade ao lado da túa casa.

Confía en nós... Con toda Confianza!