Imprimir

Agradecemento Autoridade Portuaria

  O presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Enrique Losada, remitiu o pasado 27 de marzo unha carta ás institucións e empresas que operan no Porto, así como aos traballadores do propio organismo público, a fin de trasladarlles o seu recoñecemento polo esforzo que realizan estes días.

  No escrito, Enrique Losada lembra o importante papel que desempeñan os portos como elo imprescindible na cadea de subministración de produtos de primeira necesidade, que no caso do Porto coruñés exemplifícanse na pesca, os carburantes e a materia prima para a alimentación animal.

  O presidente da Autoridade Portuaria agradece na súa carta a dedicación que están a mostrar todas as persoas e colectivos, especialmente os que seguen a pé de peirao, nalgúns casos en condicións de dificultade. Tamén indica que a Autoridade Portuaria traballa para poder aplicar as medidas impulsadas a nivel estatal co obxectivo de mitigar os danos que conleve esta situación entre as empresas e os traballadores.

  Podedes ver toda a información desde a ligazón ao documento completo en formato pdf.