imprimir

Informe económico sobre a Evolución do Comercio Minorista no Bienio 2012-2013

  Para o teu coñecemento infórmote que foi publicado o “Informe económico sobre a Evolución do Comercio Minorista no bienio 2012-2013. Impacto da liberalización de horarios comerciais sobre o sector "elaborado por Dña. María Jesús Yagüe Guillén, catedrática de Investigación Comercial da Universidade Autónoma de Madrid, a instancias da Confederación Española de Comercio.

  Trátase dun informe económico onde se analiza, de xeito obxectivo, a evolución das distintas variables económicas que están relacionadas co noso sector no período 2012-2013 co obxectivo de determinar o efecto producido polo cambio normativo en materia de liberalización de horarios comerciais. O estudo realízase dende dous puntos de vista, dende a perspectiva da demanda e do lado da oferta, no comercio minorista, desagregando a información por CC.AA. para facilitar a vosa análise comparativa.

  Na actualidade, a Secretaría Xeral de CEC está a proceder a actualizar o argumentario sobre liberalización de horarios comerciais que elaboramos en abril de 2012 e completalo con datos do estudo que referenden cada argumento coa finalidade de crear unha ferramenta que poida ser de utilidade para todos e que defina un posicionamento común ante un tema tan importante para o noso sector que segue estando de actualidade.

Podes consultar o informe en formato pdf (en castelán) a través dos seguintes enlaces:
Cifras de vendas minoristas evolución do ICM xeral
Informe económico sobre a Evolución do Comercio Minorista Bienio 2012-2013