SEPA: A Comisión Europea propón un período transitorio de 6 meses para a aplicación de sancións
A Comisión Europea publicou o pasado 9 de xaneiro de 2014 unha proposta de modificación do Regulamento sobre a data final de migración a SEPA (Zona Única de Pagamento en Euros), que introduce un período transitorio de seis meses no que, aínda que o formato SEPA será obrigatorio dende o 1 de febreiro, admitiranse tamén transferencias e domiciliacións nos antigos formatos nacionais, aprazando ata o 1 de agosto a aplicación de as sancións previstas no Regulamento.
Esta decisión, que debe ser aprobada formalmente polo Consello de Ministros da UE e polo Parlamento Europeo, tomouse por precaución, segundo explicou onte o comisario europeo de Mercado Interior, Michael Barnier, tratando de evitar un posible colapso, sobre todo tendo en conta o s últimos datos de evolución da migración, que revelan que tan só o 26% das domiciliacións se realizan xa en formato SEPA.
A partir do 1 de febreiro, empresas, organizacións e cidadáns han de dispoñer do seu novo identificador bancario: o IBAN, de 24 díxitos, en substitución das contas correntes de 20 díxitos. Sen el, non poderán realizar transferencias nin domiciliacións nacionais nin internacionais.
As pequenas e medianas empresas deberán actualizar os seus cadernos bancarios se queren cobrar facturas ou poder pagar os seus traballadores, por exemplo. De igual modo, as asociacións e outras organizacións tamén necesitarán o IBAN dos seus asociados para tramitar operacións bancarias.
Se trata dun cambio que nos vai afectar a todos polo que, unha vez máis e na medida do posible, quero pedirche un esforzo de difusión desta información entre os afiliados, de modo que, unha vez superado o período transitorio, nin asociacións nin empresas membro se vexan na obriga de facer fronte a posibles sancións por non estar preparada para esta nova forma de facer e cobrar pagamentos.
Podes ampliar información na páxina web activada polo Banco de España www.sepaesp.es, onde encontrarás ademais un convertedor de contas. Así mesmo, as diferentes entidades bancarias poden informar con detalle e asesorar a cada un dos seus clientes sobre este proceso.
Nota de prensa (en inglés)
Proposta de modificación do Regulamento (en inglés)