imprimir

Xunta Directiva de CEAT nacional

  O pasado xoves 22 de novembro celebrouse Xunta Directiva de CEAT nacional, á que asistiu a Ministra de Emprego e Seguridade Social ofreceu os seguintes datos e informacións:

  Nos últimos doce meses incrementouse un 15% a cifra de autónomos con empregados. En concreto, foron 54.358 autónomos máis.

  Nun ano incrementouse un 2'10% a cifra de traballadores contratados por autónomos.

  O 13% dos autónomos (en total 800.000) ten empregados ao seu cargo.

  Segundo a EPA, hai 108.000 autónomos máis dende principios de ano.

  Dos devanditos datos, o Ministerio conclúe que é evidente que os autónomos son unha importante fonte de emprego, polo que se adoptaron as seguintes políticas para favorecer a este colectivo:

  Reforma laboral:

  • Posibilidade de capitalizar o 100% da prestación por desemprego para iniciar unha nova actividade (homes ata 30 anos, mulleres ata 35). Xa foi utilizado por 150.000 persoas.
  • Contrato para emprendedores. Celebráronse máis de 66.000, o 50% con mozos.
  • Bonificación do 50% de cotas á Seguridade Social, durante 18 meses, para familiares colaboradores de autónomos.
  • Participación das organizacións máis representativas de autónomos no deseño da formación para o emprego.
  • Bonificación do 50% de cotas á Seguridade Social, durante 2 anos, para mozos menores de 30 anos que se autoempregan.
  • Aprazada a entrada en vigor da obriga de cotizar por cesamento de actividade para os novos autónomos. Supoñerá un aforro anual de 500 €.
  • A configuración dos postos de traballo por grupos profesionais e non por categorías posibilitou a polivalencia dos empregados.

  Plan de pagamento a provedores, dotado con 30.000 millóns de euros.

  Presuposto 2013: Fomento do emprendemento e da economía social: 917 millóns de euros.

  Novas liñas de crédito do ICO.

  Aprobación da licenza expresa con declaracións responsables.

  Futuras iniciativas:

  • Aprobarase a Estratexia de emprendemento e emprego novo, con recursos procedentes do Fondo Social Europeo.
  • Redución da cota de autónomos nos casos de pluriactividade.
  • Regulación do contrato a tempo parcial para autónomos.
  • Loita contra a fraude. Articularase un grupo de traballo coas organizacións do sector para elaborar un informe antes de que finalice o primeiro trimestre do próximo ano.
  • Solucionaranse os problemas administrativos que están a levar consigo un atraso importante na concesión da prestación por cesamento de actividade.
  • Estase a traballar na posibilidade de favorecer a segunda oportunidade dos autónomos que viron frustrado o seu primeiro proxecto empresarial e acumulan responsabilidades xurídicas por iso.
  • É preciso difundir máis a necesidade de cotizar máis para non ser penalizado pola nova normativa de xubilación.

  Os membros da Xunta Directiva que interviñeron subliñaron a necesidade de rebaixar as cotizacións sociais dos empregados por conta allea que contrata un autónomo, reducir os impostos, mellorar as canles de financiamento (bussiness angels, sociedades de garantía recíproca), a urxencia de cumprir cos prazos de pagamento estipulados na lexislación sobre morosidade, pagar o IVE cando se cobren as facturas e flexibilizar o aprazamento de pagamentos á Seguridade Social.