Congreso "Cadea de Valor Pesqueira e Acuícola: Mirando ao futuro"
- O próximo 9 de Outubro de 2017 celebrarase o Congreso “Cadea de Valor Pesqueira e Acuícola: Mirando ao futuro”
- Este Congreso estrutúrase en 5 mesas redondas con recoñecidos expertos onde se abordarán os temas de principal interese para o sector e os retos de futuro.
- Esta Actividade organizada por FEDEPESCA está cofinanciada polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca baixo o lema "Investimos na pesca sustentable".
O próximo 9 de Outubro de 2017 está prevista a celebración do Congreso “Cadea de Valor Pesquera e Acuícola: Mirando ao futuro”. A Federación das pescaderías tradicionais, FEDEPESCA, será a impulsora desta actividade, cofinanciada polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca baixo o lema "Investimos na pesca sustentable".
Este Congreso, que se celebrará en Madrid, terá interesantes contidos e basearase no formato de "Mesa Redonda", con varias mesas con diferentes temáticas. Durante o evento abordaranse temas moi importantes non só para o sector comerciante polo miúdo de produtos pesqueiros e acuícolas, senón para toda a cadea de valor. Temas que preocupan a todos os operadores da cadea como son a promoción do produto, a innovación ou a comunicación serán puntos importantes da orde do día. Tamén asuntos que preocupan cada vez máis a consumidores e empresas, como son a sustentabilidade e o aspecto social.
Tras a inauguración deste Congreso, darase paso a a primeira mesa redonda que estará orientada á promoción dos produtos pesqueiros e acuícolas, tema principal que perdeu boa parte do investimento público, debendo de explorar novas vías de promoción privada. Sobre a mesa estarán asuntos como as Organizacións Interprofesionais ou a redución do IVE. Tamén se presentarán estratexias promocionais de éxito.
A segunda mesa abordará os aspectos sociais do sector. Cada vez máis empresas e consumidores prestan especial atención a este aspecto, tendo moi en conta criterios como a igualdade de xénero, o benestar animal, os métodos artesanais de pesca ou o desperdicio alimentario.
Tras esta segunda mesa, a Innovación do sector será a protagonista e falarase sobre que é a innovación, e se ejemplificará con casos de I+D+i en España. As fontes de financiamento, outro asunto moi importante na área de innovación serán outro punto para tratar. O futuro do sector e a dixitalización abordaranse tamén durante este espazo.
Tras a innovación poñerase o foco na sustentabilidade. Tema co que a sociedade e as empresas cada día están máis concienciadas, pero sobre o que existe moita confusión entre os cidadáns. O relacionado con este campo pode resultar difícil de definir para un sector tan particular como o pesqueiro e acuícola. Por este motivo abordaranse as diferenzas entre termos como sustentable ou ecolóxico, ademais de poñer outros temas sobre a mesa como selos privados de sustentabilidade ou a Rede Natura 2000, entre outros asuntos.
Para poñer o broche final, a última mesa dedicarase á comunicación. O crecente aumento de noticias alarmistas relacionadas con produtos alimentarios e as novas formas de comunicación que apareceron das redes sociais ou internet fai necesaria a inclusión deste punto neste Congreso. Contarase con grandes expertos nesta materia que nos ofrecerán o seu punto de vista.
Con este tipo de iniciativas preséntanse os principais retos de futuro para todo o sector pesqueiro e acuícola a nivel nacional, que é un dos máis potentes a nivel europeo.